MOCIÓN DO PARTIDO POPULAR DE VEDRA SOBRE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NO TERMO MUNICIPAL
Os temas medioambientais en xeral e o tema do lume, en particular, é para o PP de Vedra un tema de interés xeral, que nos afecta a todos sin exclusión, i é un tema prioritario. Por iso dende aquí mais que falar de culpables na xestión, tratamos de buscar solucións, a ser posible de consenso, para poder ter un vran tranquilo en canto a incendios se refire, e ó final felicitar e felicitarnos todos de telo conseguido.
O pasado ano, como é ben sabido, unha plaga de lumes arrasou Galicia. As altas temperaturas e a situación dos nosos montes contribuiron a un dos desatres mais grandes da nosa historia a nivel ambiental. Afortunadamente no noso concello non tivo un impacto proporcional ó do resto de Galicia. A proposta feita polo Grupo Popular no seu momento e apoiada por tódalas forzas políticas con representación no concello tornouse positiva e axudou a minimizar os lumes. A coordinación e apoio ós veciños para que colaboren cos seus tractores e cisternas na extinción veu dando bos resultados. Por iso consideramos que é unha cuestión a plantexar, para repetila e mellorala.
Por outra banda, seguimos convencidos de que é mellor previr que lamentar. E non estamos a falar so de previr para ter un dispositivo para apagar, se non de previr para que non arda. E neste senso cremos que o concello dentro das súas competencias pode e debe actuar para defender a riqueza do seu patrimonio ambiental e ós seus veciños.
Por esta razóns o GRUPO POPULAR DE VEDRA propón ó Pleno do concello para a súa aprobación, se procede, os seguintes acordos:
1º Crear un rexistro de solicitudes para que os propietarios de parcelas soliciten o seu desbroce ou tala, indicando o terreno a desbrozar.
2º Poñer por parte do concello os medios necesarios tanto humanos como materiais para que os veciños fagan as súas solicitudes: modelo de solicitude, planos de situación (catastrais, parcelarios, sixpac...)
3º Constituir unha comisión con representantes de tódolos grupos políticos e con asesoramento técnico de cara a establecer un sistema de prioridade para proceder á limpeza e desbroce: zonas de especial protección, de alto risco, franxas de 25 metros arredor de calquera edificación, obras, e demais, situadas a menos de 400 metros do monte.
4º Proceder ó desbroce de xeito gratuito para os veciños das leiras solicitadas.
5º Crear un sistema de coordinación con veciños, asociacións e colectivos do concello para tentar ser o mais eficaz posible na resposta contra o lume, caso de producirse.
6º Sufragar os gastos ocasionados ós veciños que colaboren voluntariamente nas labores de extinción: material, arranxo de tractores, etc.
7º Definir un sistema de coordinación as 24 horas na época de risco entre o concello e outras administracións.
8º Dar publicidade a estes acordos.
23.4.07
Moción Prevención de Incendios
O pasado 4 de abril o Partido Popular de Vedra presentou no rexistro do concello a seguinte moción. Dada a importancia do tema propoñía o grupo de goberno buscalo consenso entre todalas forzas politicas con representación municipal, xa que o medio ambiente é algo que nos ten que preocupar a todos e do que nos debemos ocupar entre todos sin distinción política.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada