27.6.09
17.1.09
5.10.08
11.5.08
Boletín Nº 5
3.3.08
29.1.08
"Vamos Rajoy, y el partido popular contigo estoy"
28.1.08
27.1.08
Rajoy en Santiago de Compostela 2008, "ESTOY COMO NUNCA"
22.7.07
Pleno 28 de Xullo: Gravacion e Publicidade Universal dos Plenos
Así, a proposta conxunta do PP e BNG a Corporación de Vedra acordou por unanimidade grabar os Plenos, o igual que xa se está a facer utilizando as novas técnicas multimedia noutros ámbitos e organismos públicos e sociais (xulgados, etc). Con ilo gáñase indudablemente en transparencia e seguridade xurídica, dado que non haberá dúbida do que se fai, se fala, como se actúa, quen impulsa, que se dí, etc, sen ter que falar de oido ou por referencias, ou remitirnos a escritos que nunca recollen todo o que se di, e menos como se dí; convertiremos así o Pleno nun auténtico foro de debate e de ideas, sen cortapisas e sen actitudes dictatoriais que ata o de agora cercenaban o mesmo; igualmente iremos creando un arquivo audiovisual histórico do Concello. E por suposto “colgar” xa en Internet, tanto as convocatorias dos mesmos como as actas, grabacións, etc.
Pola nosa parte, igualmente rogamos e esiximos a instalación de medios técnicos necesarios para levar a cabo esta tarefa, que debe quedar resolta neste ano 2007.
Por parte do BNG tamén se propuxo a intervención de representantes veciñais nos plenos en diversos temas de interés, proposta que o PP apoiou, o igual que TEGA e, no furgón de cola, o PSOE (agora en minoría non lle queda máis remedio, ainda que estamos convencidos que non o fixo polo seu gusto, ós antecedentes dos últimos 10 anos me remito na sua teima continua de “non dar nunca bola” os cidadáns). Neste punto adquiriuse o compromiso de elaborar un regulamento de participación cidadán nos Plenos.
19.7.07
Pleno do 28 de Xullo: As dedicacións exclusivas.
O pasado 28 de xuño o Pleno do Concello de Vedra aprobou dúas dedicacións exclusivas, a do Alcalde, e a do concelleiro de obras e servicios.
Como poden observar, as cousas están mudando nesta nova andaina do noso Concello; algo teremos que ver nós, e algo terá que ver o resultado electoral. Ate o de agora o equipo de goberno tiña 3 dedicacións exclusivas oficiais e unha encuberta, isto é, 4 dedicacións exclusivas e inoperantes.
A postura do PP no debandito Pleno foi o da abstención, dado que como fixemos alí público, non nos vamos a opoñer a esa 2ª dedicación sempre que estexa dotada de contido e desde logo sexa rentable.
Pero tamén advertimos que o noso grupo non está autorizando ningunha dedicación máis, nin oficial nin encuberta, nin exclusiva nin parcial, sendo así coherentes co noso programa electoral, no que falábamos de contención dos gastos en órganos de goberno. E esto debe quedar claro en relación ó que ocurra no futuro, dado que só é o Pleno do Concello o que autoriza, ou no seu caso desautoriza, dedicacións exclusivas.
Por iso, cremos que con estas dúas dedicacións está garantido un bó funcionamento do Concello. Se non chegaran é que algo non funciona nas presentes.
Por outra banda, e co gallo das xornadas de traballo, que o resto de concelleiros do grupo de goberno (PSOE) poideran pasar a cobrar, cremos firmemente que se deben limitar as mesmas, e exercitar un control real e efectivo sobre elas. Abofé que a proposta do BNG de crear un rexistro de control de horas, de xornadas de traballo efectivamente realizadas, etc, é interesante e necesaria. Mais igualmente cremos que o feito de limitalas a un máximo de 10 por mes as “xornadas” que poidan pasar a cobrar o resto de concelleiros en total entre todos (esto é, si un cobra 10 o resto xa non podería cobrar ningunha), é algo lóxico:
1º.- Porque de sobrepasalas estaríamos falando dunha dedicación parcial ou exclusiva, que é competencia deste Pleno aprobala, e non se fixo así.
2º.- Porque como xa dixemos antes, cremos que con dúas dedicacións, estamos garantindo plenamente o bo funcionamento do Goberno. Se non é tal, é que se están solapando funcións, hai mala organización, non están ben deseñadas, non cumpren o seu cometido, etc.
3º.- Porque hai outras necesidades prioritarias que cubrir.
4º.- Porque o feito de que xa se cobre por asistencia a Plenos, Xuntas de Goberno, Comisións Informativas, etc, xa supón un montante global o mes que ten que garantir cubrir os gastos, xunto co que ten que ser unha boa organización, que a actividade política xenere.
5º.- Porque para nos é importante RECUPERAR A VOCACIÓN DE SERVICIO, que é a que nos move a todos aquí.
Por último, solicitamos de todo o que se cobre polo equipo de goberno, e tamén, e porque non decilo, da oposición, máxima transparencia e máxima publicidade.
Estaremos atentos e vixiantes.
18.6.07
Segunda Etapa do Blogue
Para toda a xente que gustaba do noso traballo á pe de rúa, que non se preocupe. Estamos traballando para que poidan ver as imaxes todas de xeito sinxelo, pero ordenado.
Esperamos que sexa do voso agrado e, sobre todo, útil.
23.4.07
Moción Prevención de Incendios
MOCIÓN DO PARTIDO POPULAR DE VEDRA SOBRE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NO TERMO MUNICIPAL
Os temas medioambientais en xeral e o tema do lume, en particular, é para o PP de Vedra un tema de interés xeral, que nos afecta a todos sin exclusión, i é un tema prioritario. Por iso dende aquí mais que falar de culpables na xestión, tratamos de buscar solucións, a ser posible de consenso, para poder ter un vran tranquilo en canto a incendios se refire, e ó final felicitar e felicitarnos todos de telo conseguido.
O pasado ano, como é ben sabido, unha plaga de lumes arrasou Galicia. As altas temperaturas e a situación dos nosos montes contribuiron a un dos desatres mais grandes da nosa historia a nivel ambiental. Afortunadamente no noso concello non tivo un impacto proporcional ó do resto de Galicia. A proposta feita polo Grupo Popular no seu momento e apoiada por tódalas forzas políticas con representación no concello tornouse positiva e axudou a minimizar os lumes. A coordinación e apoio ós veciños para que colaboren cos seus tractores e cisternas na extinción veu dando bos resultados. Por iso consideramos que é unha cuestión a plantexar, para repetila e mellorala.
Por outra banda, seguimos convencidos de que é mellor previr que lamentar. E non estamos a falar so de previr para ter un dispositivo para apagar, se non de previr para que non arda. E neste senso cremos que o concello dentro das súas competencias pode e debe actuar para defender a riqueza do seu patrimonio ambiental e ós seus veciños.
Por esta razóns o GRUPO POPULAR DE VEDRA propón ó Pleno do concello para a súa aprobación, se procede, os seguintes acordos:
1º Crear un rexistro de solicitudes para que os propietarios de parcelas soliciten o seu desbroce ou tala, indicando o terreno a desbrozar.
2º Poñer por parte do concello os medios necesarios tanto humanos como materiais para que os veciños fagan as súas solicitudes: modelo de solicitude, planos de situación (catastrais, parcelarios, sixpac...)
3º Constituir unha comisión con representantes de tódolos grupos políticos e con asesoramento técnico de cara a establecer un sistema de prioridade para proceder á limpeza e desbroce: zonas de especial protección, de alto risco, franxas de 25 metros arredor de calquera edificación, obras, e demais, situadas a menos de 400 metros do monte.
4º Proceder ó desbroce de xeito gratuito para os veciños das leiras solicitadas.
5º Crear un sistema de coordinación con veciños, asociacións e colectivos do concello para tentar ser o mais eficaz posible na resposta contra o lume, caso de producirse.
6º Sufragar os gastos ocasionados ós veciños que colaboren voluntariamente nas labores de extinción: material, arranxo de tractores, etc.
7º Definir un sistema de coordinación as 24 horas na época de risco entre o concello e outras administracións.
8º Dar publicidade a estes acordos.
24.3.07
Pasamento de D. José Iglesias. O noso pésame.
Desde aquí apoiamos calquera homenaxe ou recoñecemento que se faga desde o Concello e pómonos ó seu dispor.
As charlas informativas do PXOM en Vedra

O Partido Popular de Vedra está realizando reunións informativas cos veciños en tódalas parroquias.
Os do PP de vedra estamos celebrando xuntanzas cos veciños en cada parroquia para informar do Plan Xeral de Ordenación Municpal, PXOM, que tanto preocupa ós nosos veciños.
Como xa fixemos cando foi do prazo de alegacións no que tamén tivemos reunións para dar conta de cal era a situación do Plan naquel momento e de como se podían facer as alegacións (lembremos que se presentaron mais de 800, e mais habería si se aumentase o prazo como solicitamos), agora estamos a informar de como queda o concello onde xa está aprobado definitivamente o plan e das propostas aprobadas polo pleno do concello para onde a Xunta mandou facer correccións. Explicamos ademais as posibilidades de presentar recurso e de como facelo en caso de que interese. Previamente enviamos unha carta a tódalas casas informando da publicación no Diario Oficial de Galicia da aprobación definitiva parcial. Estamos convencidos de que este é un dos temas mais importantes para os veciños e de que todos teñen dereito a toda a información que haxa e a que o concello lla facilite.Como o actual goberno nin o fixo antes, nin o fai agora, facémolo nós cos nosos medios e preguntámoslle ó alcade:
- ¿por que non se contestaron ás alegacións como si o fixeron noutros lados?
- ¿por que non se envía información a tódalas casas, asociacións, colectivos...nun tema de tanta trascendencia coma este?
- ¿por que non está na páxina web do concello para baixar os documentos coma noutros concellos, Santiago, por exemplo?
- ¿por que non se buscou o consenso nalgo tan importante e tan so votou a favor o PSOE?
- ¿por que un dos plenos importantes sobre este tema convocou pola mañá un día laborable?¿Había qua facelo o mais escondido posible?
Co tempo tódalas soberbias se pagan. E si non, xa verán o que pasa en maio.
18.3.07
SOCASTRO, vila histórica
1-Instar a Direccion Xeral de Patrimonio a actuar sobre o CASTRO. necesita un desbroce inmediato, xa que supon pola cantidade de biomasa existente nel un perigro para toda a aldea en caso de incendio.HABRA que mirar que facer con el.
2-Reclamar da Direccion XERAL de PATRIMONIO, cal é a situacion do CRUCEIRO que existe na nosa aldea. CRUCEIRO que os nosos antepasados e a xente nonagenaria definen como PUBLICO, E AGORA ESTA NUNHA FINCA PRIVADA( o Concello autorizou o seu cambio para poder facer unha casa, basta con ver os planos da parcela). RECLAMAMOS que se traslade a un lugar publico por exemplo xunto a ponte a caron da via do tren, non so por razon "espirituais" senon polo que representou en tempos preteritos.
3- RECLAMAR o mimisterio de fomento a colocacion na N-525 dunha señal co toponimo correcto SOCASTRO o actual pon Sucastro
4-RECLAMAR do ADIF a limpieza do terreo da via que cruza a nosa aldea que en vez de cortalumes en caso de incendio actuaria como propagador do mesmo
5-CHEGAR a acordos con AUGAS DE GALICIA para facer diversas actuacions no regato que nace na aldea, coñecido como regato de TOMONDE, para evitar asulagamentos de (Vilanova) fan que todas estas augas recaen neste regato, necesitandose obras para paliar o exceso das mesmas
6-Abrir os viais que a parcela deixou sen facer
7-COLOCAR un contedor de VIDRIO e outro para PAPEL (lembrar que SOCASTRO é tan grande como MERIN)
SOCASTRO é algo máis cunha aldea, como xa nos describía o escritor MARCIAL VALLADARES, na primeira novela galega do século XIX,obra sobranceira do rexurdemento MAXINA OU A FILLA ESPUREA (1890) el decía:
"Nunha lombiña ,rodeada de piñeirais, freguesía se Sanmamé de ribadulla, a dúas leguas e media de Santiago, preto dos palacios de Guimaráns e de Ortigueira, hai un lugar , a caída dun castro céltico que lle dá nome(...) parece hoxe unha pequena vila...
Seguramente VALLADARES (Vilancosta-Berres), pasou moitas veces a caron do CRUCEIRO(data de 1789) xa que estaba a carón do enton camiño principal da aldea(lembremos que SOCASTRO sufreu un brutal cambio nos anos 40/50 do século XX canda a via férrea atravesou "o corazón da aldea" desaparecendo camiños, nacendo outros..)
O CRUCEIRO foi colocado no 1789 por uns cregos da casa de VILLAR(ambos datos están na súa base) no que ata na posguerra era o CAMPO DA FESTA dade Socastro.
Campo da festa que o alcalde MACEIRA COBAS "privatizou"(por decilo dunha forma suave).O cruceiro segiu ali, a caron do camiño, e os de BASCUAS deixaronno utilizar publicamente.
Despoi veu a parcela, pechou o camiño e deixanos o CRUCEIRO nunha finca privada..¿culpa de quen? ... de todalas administracións, parcela patrimonio, concello... e tamen dos veciños.
E agora co PXOM, a primeira regulamentacion sobre "a ordenación do territorio", feita por un goberno"profesional"(a dedicacion exclusiva, cobrando bos cartos do erario publico), olvidase del, permite cambialo para facer unha casa, omite ese dato a patrimonio(nos planos está reflexado), cando a maioría nos esixe un extrito cumprimento das normativas, informes dun e doutro lado...
Coido que estamos a tempo de recuperar algo "significativo" da nosa aldea, que xunto co CASTRO e a vía do tren(mais ben os seus problemas) definen a aldea de SOCASTRO.
A historia das pequenas vilas, non aparece reflexada en libros nin se estudia en colexios, transmitese de xeracion a xeración, e todavía vive xente que polos seus anos nos poden "ilustrar" do que foi a "republica de SOCASTRO", que lembra facer a vía , que lembra as festas... que nos poden orientar para recuperar o CRUCEIRO como ben de interes publico.
3.3.07
recurso contencioso-administrativo ao PXOM. Prazos.
Estimado Veciño/a:
O Partido Popular de Vedra quere informalo de que con data 12 de febreiro de 2007 foi publicada no DOGA a orde da Consellería de Política Territorial onde se outorga a aprobación definitiva parcial ao PXOM do Concello de Vedra, salvo nalgunhas áreas moi concretas onde teñen que facer algunha modificación.
Esto quere dicir que o Plan está aprobado definitivamente na súa gran maioría, e que en relación ó mesmo xa está aberto dende o pasado 12 de febreiro o prazo de dous meses para interpoñer o correspondente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (o prazo remata o 12 de abril de 2007).
Ainda que nas próximas datas faremos reunións por tódalas parroquias do Concello (como xa fixemos das outras veces), para explicarlles a situación actual do Plan, posibilidades de recurso (cómo se plantean, qué é necesario, etc), e demáis dúbidas que pola nosa parte poidamos resolver, quixemos xa mandar unha carta para advertir con tempo o tema do prazo e teñan así todolos veciños (sabedores de que moitos non poderán acudir as reunións) tempo de estudialo e consultalo.
En todo caso, aproveitamos a ocasión para poñernos a súa disposición o igual que lle enviamos unha afectuosa aperta. Non dubide en chamarnos.
Rogelio Lema Mougán
Presidente do Comité Local
Tlf: 696 53 44 98
Carlos Martínez Carrillo
Candidato á Alcaldía
Tlf: 616 69 22 48
27.2.07
Pasamento de Xosé Manuel hoxe nun grave accidente na Santa Lucía

Foto: Cris Tobío. Fonte: www.elcorreogallego.es
Todavía consternados pola sorpresa, adicámoslle á familia do noso benquerido Xosé Manuel o noso apoio incondicional e acompañámola no seu sentimento. Pouco máis podemos dicir desde aquí e agora, atragántasenos á gorxa cas palabras que nos gustaría pór pero que non saen pola xenreira que dan estas cousas. Á súa muller ánimos e sabe que ten en nós a uns bos amigos. E a irmá, que saia pronto da súa gravidade.
Para todos aqueles que non leron o xornal El Correo Gallego do día de hoxe, poñemos aquí a nova que saleu no diario:
José Manuel Ferreiro, natural de San Fins de Sales, en Vedra, falleció ayer en un accidente de tráfico. José Manuel, de 50 años, "pertenecía a la ejecutiva local del PP", según señaló el candidato de este partido a la alcaldía de Vedra, Carlos Martínez. Algunas fuentes le señalaban, también, "como uno de los candidatos para figurar en la lista de candidatos de esta agrupación política". A las 15,30 horas de ayer, viajaba en el asiento de pasajero de un Renault Clio con la matrícula C-6839-BB, que conducía su hermana, Gloria. Ambos circulaban por el kilómetro 336,800 de la carretera de Ourense, a la altura de Santa Lucía, cuando, por causas que "todavía se están investigando", según notificó ayer a este diario la Guardia Civil, se produjo un violento choque fronto-lateral entre este vehículo y otro turismo. En ese otro coche, el Ford Fiesta con placas PO-7458-AP, también viajaban dos personas, y su conductor, R.D.C., que resultó herido. Los bomberos Al lugar del suceso se trasladaron varias ambulancias, tanto del 061 como de la Cruz Roja. La Guardia Civil señala que José Manuel Ferreiro "falleció en una de ellas, cuando lo trasladaban al hospital Clínico". Además, los bomberos también tuvieron que acudir al lugar del siniestro para excarcelar a tres de los cuatro viajeros. Y es que el golpe provocó "que quedaran atrapados en las estructuras de los coches", señalaron ayer los antincendios. José Manuel Ferreiro tenía dos hijos, de 28 y 24 años. La mayor es profesora, y está realizando una sustitución en un colegio de A Guarda. Su hermano es delineante. Ferreiro estaba casado, además, con María del Carmen Nieto, muy conocida en Vedra porque hace unos años, con la alcaldía de Pedro Guitián, fue concejala de Cultura. María del Carmen se había presentado como militante del grupo Avive (Asociación de Vecinos Independientes de Vedra). Es muy popular también en su parroquia por desempeñar tareas de organización en fiestas. Andrés Almazán, portavoz del grupo popular en Vedra, conocía ayer la fatal noticia en Asturias, y destacaba de José Manuel Ferreiro que "era un grandísimo colaborador del PP, y un hombre afable y trabajador". Carlos Martínez señaló también que "toda su familia era muy conocida y querida".
6.2.07
25.1.07
22.1.07
Benvida a todo o mundo.
Desexámoslles un bo día.





